O Concello de Chantada exemplifica no seu territorio as variedades xeográficas da Galicia interior. Ó leste, as terras altas dispostas ó redor do monte Faro, que a une á comarca de Camba. Ó este, a beira do Miño, río que marca os límites co veciño Saviñao, na terra de Lemos. Entre estes dous, os pequenos canles fluviais do Asma, Enviande, río da Lama e outros numerosos regatos. Son 36 parroquias, máis de douscentos núcleos, para dez mil habitantes, a metade deles na vila de Chantada, centro comercial dunha comarca gandeira e agrícola que inclúe, ademais do propio, os municipios veciños de Taboada, ó norte, e Carballedo, ó sur. Unha situación privilexiada que se ve resaltada por ser encrucillada dos máis importantes camiños interiores: a estrada que une Lugo con Ourense cara a Portugal, ou a moderna vía que dende o Bierzo comunica Castela coa capital de Galicia.
Neste cruce de camiños o transeúnte ten boas razóns para facer un alto: descubrir unha natureza xenerosa, unha xente hospitalaria, unha terra orgullosa do seu pasado e tradición.
É Chantada, no corazón de Galicia
|